Casa Valín

Neste momento estás a ver Casa Valín

Nieves López Valín é a propietaria de Casa Rural Valín, un apartamento que se aluga como casa completa en Seoane do Courel. Nieves foi unha pioneira e socia fundadora da Asociación. Abriu o seu negocio xunto con outros tres en Caurel hai case 30 anos, cando ninguén cría nisto. Eran os tempos do “Vamos a comer turismo”. Foille ben e foi exemplo de moitos. Moitos clientes convertéronse en amigos e sobre todo, en amantes do Caurel”

Accede ó sitio web www.casaruralvalin.com