Hortensia e Manuel

Neste momento estás a ver Hortensia e Manuel

Ola, somos Hortensia e Manuel que alá polo 82 chegamos por primeira vez ao Caurel. E como lle acontece a tantos, xa non puidemos sacalo das nosas vidas. No 93, xunto co noso amigo Quiroga, puxemos en marcha o cámping. Hoxe xa non é noso, pero a nosa vinculación con este mundo, porque Caurel é un mundo, segue a ser activa dende esta Asociación. Tentamos así voltarlle a esta terra alo menos unha pequena parte do que ela nos deu.