Orixinario de Santiago de Compostela, namoreime desta terra a finais dos anos 80.
Despois de moitos anos como visitante habitual, decidín mercar e rehabilitar unha casa, a Casa Teixeira, na aldea de Seceda. Por obrigas e condicionantes familiares, finalmente, no 2008 decidín que sería unha casa de aluguer turístico.
Con capacidade para acoller ata doce persoas, e é de aluguer a casa completa. É especialmente cómoda para ir en grupo ou con nenos.
Se queres descubrila, non dubides en vir. Sentiraste como na túa propia casa. Esa é a idea.
Gonzalo Otero
Máis info na nosa web http://www.casateixeira.es/