Aínda que nacido en Vigo, a primeira vez que pisei esta Serra souben que éste era o meu lugar. Así, no 2013 decidín comprometerme definitivamente con ela. E o meu compromiso non é só vivir en Courel, senón tamén buscar que os que nos visitan volten ás súas residencias comprometidos, dalgún xeito, coma min. Isto só se consegue a través dun turismo sostible e responsable. Coido que iso é Pía Paxaro: comprometédevos connosco.
Accede á nosa web http://piapaxaro.com