Custodia do territorio

Neste momento estás a ver Custodia do territorio

A Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) somos unha entidade de conservación da natureza que temos o noso ámbito de traballo principal en Galicia e nos territorios limítrofes.

Na AGCT queremos territorios vivos nos que as persoas poidamos desenvolver unha vida digna en armonía e respecto co noso rico entorno natural. Por iso traballamos cos propietarios e cos usuarios do territorio na conservación do patrimonio natural e cultural, e no uso sustentable dos recursos naturais.

Na Serra do Courel traballamos na conservación do oso pardo, como especie emblemática das nosas montañas e indicador de espazos de alto valor ambiental. Tamén impulsamos a creación de microrreservas de orquídeas, como elementos de protección e divulgación da riqueza botánica e a diversidade biolóxica que alberga esta serra.

Acceso á nosa web https://www.custodiadoterritorio.org/