Dende a nosa asociación estamos a dar a coñecer O Courel cos qulómetros da Biodiversidade. Imosvos deixando as rutas co track e enlace a Wikilocs, por se queredes facer uso deles
Estas dúas rutas abríronse ao fío dos actos de celebración do 25 aniversario da nosa asociación e contaron coa axuda da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
Nelas, tentamos amosar a gran biodiversidade da nosa serra, así como facer unha comparación da mesma entre as zonas aínda traballadas polos habitantes (Miraz) e as xa abandoadas hai anos (Paderne).
Distintos investigadores analizaron animais, prantas, fungos…das dúas rutas, pero o obxectivo é que tamén os que as paseen contribúan a esta análise subindo as súas obeservacións á aplicación Inaturalist
.
Kilómetro da Biodiversidade de Miraz
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/kilometro-da-biodiversidade-de-miraz-149565001
Kilómetro da Biodiversidade de Paderne
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/kilometro-biodiversidade-de-paderne-149407014