Os padernes

Exposición permanente

Os Padernes de 1914 a 1984

1914

Nacen os Padernes

A foto mais antiga.
De esquerda a dereita: Antoño
de Gaiteiros, Antón Raposo,
Pepe de Quintairo, Ricardo de
Postizo e Manuel Raposo.

1940

Os tempos das tres orquestras

Orquesta Os Vellos dos anos cuarenta
De pé, de esqueda a dereita: Antoño de Gaiteiros,
Arsenio de Caselo, José Maria de Gaiteiros, Luis
de Gaiteiros e Casanova de Meiraos.
Sentados, de esquerda a dereita: Manuel Raposo,
Manuel de Gaiteiros, Antón Raposo e Manuel de
Guerrera.

formacion padernes

1955

A formación clásica e máis duradeira

Formación dos Padernes que máis tempo durou
e que foi mais estable.
De esquerda a dereita: Manuel de Gaiteiros
(saxo tenor e clarinete), Gerardo (saxo alto), Antoño
de Gaiteiros (trompeta), O Chelo (trompeta
e voz), Domingo de Ribeira (trombón) e Jaime
de Gaiteiros (Batería).

1984

Rematan os tempos dos Padernes

Os últimos Padernes ao completo.
De esquerda a dereita: José María de
Gaiteiros (acordeón), Jaime de Gaiteiros
(batería) Domingo de Ribeira (trombón),
O Chelo (trompeta), Antoño de Gaiteiros
(trompeta), Gerardo da Ferraría Vella
(saxo alto), Luis de Gaiteiros (saxo) e
Manuel de Gaiteiros (saxo tenor e dirección).
No medio o neno de Ribeira pra cantar,
Congratulations.

As tres orquestas

Entre a xente do Courel hai un consenso vital, «Os Padernes».

Polo redor do ano cincuenta chegou a haber tres formacións, aínda que
unha tería unha duración, mais ben corta (O Cuarteto).
As outras dúas (Os Vellos, e Os Novos) tocaban con partitura. Moi destacable,
pode que case único, que nunha zona tan illada daquela como era o
Courel houbese uns músicos que non tocasen só de ouvido, senón que coñecesen
o solfexo.

Xa son Os Padernes

Dereita a esquerda:
José María de Gaiteiros (acordeón)Jaime de Gaiteiros (batería);
Manuel de Gaiteiros (saxo); Chelo (trompeta e voz); Domingo
de Ribeira (trombón); Gerardo da Ferraría Vella (saxo alto)

Dereita a esquerda: Gerardo da Ferraría Vella
(saxo alto); Luís de Gaiteiros (saxo); Jaime de
Gaiteiros (batería); José María Raposo Vázquez
(acordeón; de Gaiteiros); Chelo (trompeta); Antonio
de Gaiteiros (trompeta); Manuel de Gaiteiros
(saxo)

Dereita a esquerda: Gerardo da Ferraría Vella
(saxo alto); Antonio de Gaiteiros (trompeta);
Manuel de Gaieiros (clarinete); Chelo (trompeta
e voz); Jaime de Gaiteiros (batería); José María
de Gaiteiros (acordeón); Luís de Gaiteiros
(saxo)

Pola serra adiante, e logo marchar

Pola serra adiante

Paderne, Miraz, Vilasibil, Meiraos,
Savane, Moreda, Parada, Mercurín,
Visuña, Vieiros, Outeiro, Vilar,
Vilamor, Ferreirós, Folgoso, Froxán

padernes 1
padernes 2
E logo marchar

Lugo, Madrid, Barcelona,
Suiza, Arxentina, Estados
Unidos, Brasil, …

padernes 3

Festas, vodas, procesións, ...

Os solteiros e solteiras, namoraban
bailando aquelas pezas que Os Padernes
facían voar dende o escenario.
Aínda que fose por unhas horas,
podían deixar de pensar que
destino tomarían, onde, e como poderían
emigrar pra progresar.

festas vodas 2

Os matrimonios, moitos tamén pensando
en marchar, deixaban de angustiarse
durante esas festas amenizadas
por Os Padernes.

festas 3

E os outros, os valentes, os que nalgún
momento pasaron por covardes,
os que non colleron o camiño da
emigración, eles sentiron en toda a
súa extensión a felicidade de escoitar
e bailar con Os Padernes.

festas 4

Non todo era traballar

foto 1
Dende a esquerda, arriba, o segundo Gerardo da Ferrería Vella e o cuarto Chelo. Agachados, o segundo e o terceiro Avelino e Domingo de Ribeira.
foto 2
Dereita a esquerda: Gerardo da Ferraría Vella, Chelo, Manuel e Antonio de Gaiteiros.
foto 3
De esquerda a dereita, Manuel de Gaiteiros, Chelo e Domingo de Ribeira.
foto 4
Segundo pola dereita Chelo, logo Manuel de Gaiteiros e Gerardo da Ferraría Vella.

Na memoria

Na memoria
Licenza para amar

Pagaba a pena baixar a pé polos
Liñeiriños, cruzar o Teso da Cruz
caneando as serpes, e baixar aos
galopes cara á Ferrería, onde,
despois de mergullar os pés na
auga fresca da presa, as mozas
agochaban as alpargatas do camiño
na garola dun castiñeiro. Xa
metidos os pés nos zapatos de
baile, rubían a costa cara ao Tesín
coma se fosen flotando no aire.
Porque aló arriba agardaban
por elas.
Malia o paso do tempo, a imaxe
é clara. Ao fondo das escaleiras
do salón de Peral, no recuncho
que presidía a pista de baile, envoltos
nas tebras do fume e do
desexo, aqueles homes afeitos
aos golpes da terra, transformábanse,
por mor da maxia, en facedores
de felicidade.
Coa ansia dos corredores antes
do tiro de saída, os mozos e mozas
chegados da contorna, a pé e
en Land Rover, pousaban a vista
neles. Eles, abrazados aos seus
instrumentos, ollaban e sorrían.
E, á fin, daban permiso para o
abrazo a golpe de sons.
Fica, aló arriba na montaña, o recordo
daquelas tardes e noites
de lecer.
Os Padernes, sempre e para
sempre.

Emma Campo
Mercurín, 8 de maio de 2023

dos padernes ao courelson

José María Raposo da casa de Gaiteiros director e acordeón.
Texto literal da memoria coa que se presentou o primeiro CourelSon

“Courel Son 2018 e un proxecto piloto dirixido
a contribuír á dinamización do Courel como
espazo cultural innovador no eido musical.
Este proxecto ten as súas raíces na tradición
musical innovadora que, a afamada
orquestra Os Padernes desenvolveu dende
1914 ata 1984. Eles, Os Padernes, foron
quen, a mediados do século pasado, de introducir
no Courel e na súa contorna novos
instrumentos máis alá dos tradicionais e
mesmo pezas musicais cosmopolitas que
grazas a eles chegaron a estes eidos.”

courel son 2
Actuación en Froxán, no primeiro Courel son en 2018, de Tiny Legs Tim, unha das figuras do Blues europeo máis destacadas. Recentemente falecido.

Grazas pola súa inestimable
colaboración a José Luís Celeiro
Bao (fillo de Domingo de
Ribeira) na elaboración dos
textos e a Angel Baltanás
polo tratamento e recuperación
das fotografías. E como
non, ás familias de Chelo e
dos Gaiteiros pola aportación
de fotografías e identificación
dos que nelas aparecen.

Vídeos sobre os padernes

Contacta con nós

Tes algunha pregunta? Estaremos encantados de poder responder a calquera cuestión. Non dubides en escribirnos.

gl_ESGalego
Scroll ao inicio