PRÓXIMAS ACTIVIDADES
Courel Son 2026
O VIII CourelSon encherá novamente a montaña de música nun ciclo de concertos de jazz e blues ao aire libre en diferentes espazos da Serra do Caurel. Unha oportunidade única para gozar de boa música nun entorno inigualable.
histórico
Aquí poderás ver a galería de fotos das actividades realizadas pola asociación.
OUTRAS ACTIVIDADES NAS QUE COLABORAMOS
Entroido || Entruido || Carnaval 2024
O Entroido do Courel é unha das festas máis agardadas do ano. Durante varios días, as aldeas énchense de música, disfraces tradicionais, e personaxes enmascarados que percorren os camiños mantendo viva unha tradición ancestral chea de humor, sátira e identidade rural. Un auténtico espectáculo de cultura viva.
V Cantos de Taberna do Courel
As tabernas do Courel convértense nun escenario improvisado onde a música popular cobra vida grazas á participación de grupos e cantareiros que percorren os locais levando festa, cantos e comunidade. Un encontro musical e social que xa é unha referencia no calendario cultural da zona.
Filandon das Rapatoxas
Unha xornada para celebrar e coidar o noso patrimonio natural e cultural. O Filandón das Rapatoxas combina música tradicional, roteiros pola natureza, actividades para nenos, e faladoiros populares. Un encontro para toda a familia, onde se mesturan tradición, ecoloxía e convivencia.
Contacta con nos
Tes algunha pregunta? Estaremos encantados de poder responder a calquera cuestión. Non dudes en escribirnos.
